inicio

equipo

áreas de práctica

despacho

contacto

eventos

area clientes

Oríxe e Vocación

Avogados Respostas Legais, S.C.P. (ARL Avogados) é un despacho creado no mes de febreiro de 2010 por un fato de colexiados de Ourense, de ampla e recoñecida traxectoria profesional. O bufete desenvolve a súa actividade en toda a xeografía peninsular, abranguendo Portugal.

ARL Avogados forma parte da prestixiosa sinatura “EURIUX Abogados, A.I.E”, que coa súa sede central en Madrid (Hermosilla, 7) é a máis extensa rede de avogados de España. Abrangue a totalidade do territorio, de tal xeito que, calquera que sexa a ubicación do lugar ónde haxa que defender os seus intereses, se fose preciso, ARL Avogados encóntrase en condicións de prestarlle a vde. un asesoramento directo e presencial. Asemade conta con acordos de colaboración con bufetes dos países máis importantes da Unión Europea e América Latina.

Có ánimo de sumar experiencia e coñecementos no obxectivo de solventar coas meirandes garantías calquer pretensión ou necesidade xurídica, ARL Avogados enfronta este novo proxecto coa vocación de prestar o mellor servizo, asesoramento e defensa xurídica dos intereses dos seus clientes. Con esta teima e tendo en conta a intensa e complexa evolución da actividade lexislativa, como tamén as novas necesidades que o medre dos interesados demanda, ARL Avogados fai da especialización en áreas un dos seus grandes compromisos.

Porén, ARL Avogados configúrase sobranceiramente como un bufete multidisciplinar. Partindo desta concepción, as necesidades xurídicas dos seus clientes son tratadas dunha maneira global, asignando a cadanseu asunto os recursos mais axeitados e os profesionais mais cualificados. Este xeito de traballo compleméntase, na percura da mellor defensa, coa intervención de varios letrados en todos e cada un dos asuntos que lle son encomendados, profesionais que varían en función das materias de que se trate.

ARL Avogados aposta tamén pola modernización e o uso intensivo dos medios tecnolóxicos de última xeración que permiten optimizar os recursos, traballar cós mellores programas e bases de datos e manter comenentemente informados aos seus clientes.

Nesta web pode ollar algunhas das nosas cualidades e capacidades.

Orixe e vocación

Servizo ao cliente

Servizo á sociedade

Xestión do coñecemento


© Abogados Respuestas Legales SCP